Participando con Kubuntu

icono de usuarios breeze

A comunidade de Kubuntu consite dun grupo de persoas que conforman un dos máis grandes equipos da comunidade de código aberto, traballando en varios aspectos da distribución, proporcionando consello e asistencia técnica ademais de axudar a promocionar Kubuntu para un público máis amplo.

Non importa o nivel das súas habilidades: involucrarse e axudar a deseñar o futuro de Kubuntu é doado e a súa aportación será máis que benvida.

Bótelle un ollo ao Manual do Kubuntu e vexa onde pode ser de axuda. Lembre que é doado involucrarse e o traballo que faga será visto por millóns de persoas de todo o mundo.

A instalación rematará pronto. Esperamos que goce do Kubuntu!